Aplicacións didácticas e curriculares das TIC nas aulas.

martes, 24 de mayo de 2011

EDLIM -1

O LIM (siglas de Libro Interactivo Multimedia) é un libro en formato dixital, creado a partir dunha ferramenta de autor (EDILIM), que podemos publicar como unha páxina web en internet  de modo que os alumnos poden visualizalo co navegador.
Cada libro pode ter moitas páxinas, nas que se combinan diferentes contidos teóricos e actividades podendo inserir facilmente nelas  textos e arquivos multimedia (imaxe, flash, vídeo e audio).
Esta aplicación gratuíta foi creada por Fran Macías e está dispoñible en 12 idiomas para a súa descarga na páxina de EDLIM.
En cada libro, pódense crear o número de páxinas que se desexe, cada unha cunha actividade, que poden ser desde unha sopa de letras, un quebracabezas, até completar frases, preguntas con respostas múltiples, páxinas que mostran só información (con texto e imaxes). Tamén se poden incluír menús e ligazóns a distintas páxinas do libro. Hai máis de 30 persoais de páxinas distintas.
LIM non necesita instalación, pois inclúe todos os arquivos necesarios no cartafol descargado, ao facer clic no arquivo edlim.exe arrincamos o programa.