Aplicacións didácticas e curriculares das TIC nas aulas.

lunes, 31 de mayo de 2010

Notebook 10.6


O software Notebook 10.6 tráenos nesta oportunidade un par de de interesante ferramentas pero a que mais destacamos nesta oportunidade son as ferramentas de medición as cales están compostas por unha regra, un transportador, un compas e unha transportador Geodreieck; definitivamente un xogo de recursos que serán de gran utilidade para todos os fanáticos da PDI, o outro botón interesante é o de fondo transparente o cal practicamente esconde a contorna do Notebook 10 deixando só algúns botóns elementais para poder interactuar co programa que teñas nese momento en pantalla.

lunes, 22 de marzo de 2010

FUENTES DE LETRAS ESCOLARES

PASOS A SEGUIR:

1.- Buscamos na web alguna páxina de fontes. Podemos facelo escribindo no Google "fuentes", "fuentes escolares", "tipos de letra", ou similar.

2.- Descargamos da web o tipo de letra que nos interesa. Unha vez gardada no equipo, teremos que descomprimila (se ven en formato .zip).

3.- Unha vez temos a fonte descomprimida, só cómpre copiala e pegala na carpeta "Fuentes" que se atopa no "Panel de Control".

Máis información no video seguinte:

domingo, 21 de marzo de 2010

SOFTWARE UTILIDADE

NOTEBOOK 10

É o software propio de Smart para as súas PDIs Smartboard.
A súa finalidade é a creación de materiais para Pizarra Dixital. http://smarttech.com/nb10productkey/

AUDACITY

Programa de gravación e edición de sons. Permite gravar e reproducir sons, importar e exportar arquivos WAV, MP3 e outros. http://audacity.sourceforge.net/

AUDACITY PORTABLE

Versión para levar no pendrive de modo que non fai falla instalar o Audacity para utilizalo.
Só fai falla ter a carpeta “Audacity” no pen (descomprimida). Ocupa uns 5 mb. http://audacity-portable.softonic.com/

FORMAT FACTORY

Programa de conversión de videos. Permite convertir calquera formato ao formato .flv que é o que soporta o Notebook. http://www.formatoz.com/

SKYPE (video-conferencias)

Software para realizar video-conferencias gratuítas con outros usuarios do Skype. Precisa dunha cámara web e dun micro. Para intercambiar simplemente mensaxes escritas, eses elementos non serían necesarios. http://www.skype.es/

SMART NUMBER CRUNCHER

Aplicación interactiva para PDI que traballa aspectos aritméticos básicos. Para poder traballar con el é necesario ter unha PDI conectada ao equipo. http://www.education.smarttech.com/ste/en-US/Ed+Resource/Lesson+resources/Other+applications+available/Number+Cruncher.htm

SMART SPELLER

Aplicación interactiva para PDI que traballa o deletreo das palabras (en inglés).
Para poder traballar con el é necesario ter unha PDI conectada ao equipo. http://www.education.smarttech.com/ste/en-US/Ed+Resource/Lesson+resources/Other+applications+available/Speller.htm

miércoles, 3 de marzo de 2010